O cachibol, un deporte baseado nas regras do voleibol e que permite que os maiores de 60 anos gañen en flexibilidade, velocidade, autoestima e reflexos.
O campo é máis pequeno e o balón, máis brandiño, cóllese coas mans.
Trátase dun novo deporte importado de México.
Pódese coller a pelota, máis brandiña, coas mans. É un exercicio moi saudable, nada explosivo e pode ser practicado por todas as idades. É moi divertido”.
Ademais de pasar un bo anaco e ofrecerlles ós nosos maiores opcións de exercicio máis aló do Tai Chi e do ioga, os beneficios do cachibol ninguén os pon en dúbida. E moito menos os que o practican, que coinciden en asegurar que lles mellora a vida, que os fan moverse máis e camiñar e, entre outras cousas, anímaos a competir. Porque o obxectivo é pasalo ben, si, pero sen competición non hai xogo… Iso si, sempre co mellor ambiente e todos como amigos. Fair play.
O bo deste deporte é a flexibilidade nas súas normas, podéndose adaptar ó número de xogadores dos que se dispoña ou do espazo do campo en cada caso. Respecto das idades, desde os sesenta e ata os oitenta, noventa… , calquera pode xogar ó cachibol, pois “é unha forma de iniciarse no deporte pasándoo ben e sen ter grandes coñecementos técnicos porque o que hai que saber é coller unha pelota”
Arquivo por meses: Febreiro 2010
Neumáticos para organizar o material
Con neumaticos de turismos colocamos o material nas instalación adicadas a impartir as clases de Educación Física. Trátase dun patio cuberto do colexio . Tiñamos o problema de ter varias columnas sin protexer coas consecuencias de que os/as alumnos/as se podían lesionar ao chocar contra elas.
Pedimos nemáticos no taller do pobo coa idea de colocalas rodeando as columnas de xeito que os alumnos/as non chocases. Logo ocurriusenos meter material neles de xeito que fose máis accesible non so nas clases senón tamén durante os recreos.
Os neumáticos pódense pintar . Colocamos o mateirla por tipo. Os propios alumnos/as son os encagados da súa orde e do seu coidado.
USO DO ENCERADO DIXITAL SMART
O outor deste blolg proporciónanos unha guía sinxela completa e fácil sobre o encerado dixital d marca Smart:
- O obxectivo deste material é proporcionar os recursos básicos para empezar a utilizar a Lousa Dixital Interactiva SMART no aula.
- A lousa Smart é fácil de usar e ten un software sinxelo que resultará familiar a quen están afeitos usar o software de Microsoft.
MENÚ (En Castelán)
Inicio
Funciones Basicas
Acceso al software
Software amigo. (Ink Aware)
Notebook
Herramientas SMART.
Interactividad
Novedades Ver 10.
Lesson ActivityToolkit
Recursos.
Manual en PDF
O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO
EDi Encerados dixitais interactivos. A dinámica de traballo nun aula dixital
Edi Encerado Dixital interactivo
- A relevancia dos medios audiovisuais na sociedade actual é tal que revoluciona o noso xeito de vivir, de relacionarnos, de traballar, de ver as cousas.
- Unha aula viva non pode manterse ao marxe desta situación
- Precisamos ferramentas que se adapten a realidade actual
- Integración dos medios audiovisuais á rutina da aula
- Soporte para todo tipo de obxectos multimedia
- Interactivas
- Fáciles de usar
- Interdisciplinariedade
- Conectividade
- Que é un EDI?
- Encerado Dixital interactivo
- Sensible ao tacto
- Opera como parte dun sistema que inclúe ordenador e proxector
- Como funciona?
- Conectamos:
- o ordenador a un proxector
- o EDi ao ordenador
- A imaxe do ordenador se proxecta sobre o encerado
- O encerado é sensible ao tacto
- Conectamos:
- Que se pode facer?
- Dende el pódese controlar o ordenador
- facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada
- gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico, exportalas a diversos formatos…
- Beneficios para os docentes
- Tecnoloxía atractiva e de doado manexo.
- Recurso flexible e adaptable a diferentes estratexias docentes
- Permite realizar e gardar anotacións facilitando a revisión do impartido na aula.
- Aumenta a motivación do profesor que dispón de máis recursos e obtén unha resposta positiva dos alumnos.
- O software posibilita o acceso a gráficos, diagramas, imaxes etc. que permiten preparar clases atractivas e documentadas dun xeito mais eficiente.
- Os materiais creados pódense ir adaptando e empregalos outros anos.
- Beneficios para os alumnos
- Superficie interactiva de grande tamaño sensible ao dedo, con contidos atraentes que estimulan á atención.
- Mellora a motivación e o aprendizaxe
- Clases máis atractivas
- Facilita a comprensión reforzando ás explicacións con vídeos, simulacións e imaxes coas que se pode interactuar.
- Que se pode facer co Edi na aula? Empregalo como un encerado especial, con moitas ferramentas adicionais.
- Que se pode facer co Edi na aula? Reproducir on-line contidos dixitais ou multimedia dispoñibles na rede. Algúns exemplos: http://rabadeiros.blogspot.com/ http://www.educa.madrid.org/binary/866/files475/ http://roble.pntic.mec.es/arum0010/#e_infantil http://www.proyectoagrega.es/contenidos/ http://mimosa.pntic.mec.es/mlucas2/softEduca/umedida/index.html http://www.educa.madrid.org/web/cp.severoochoa.torrejondeardoz/enlacesmatematicas.htm http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1264920132628&idContent=20737&locale=es_ES&textOnly=false http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/index.html http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/9/Usr/eltanque/preguntatablas/tablas_pp.html
- Que se pode facer co EDi? Executar programas educativos interactivos que teñamos no noso ordenador (tipo Pipo,CD interactivos das editoriais etc.)
- Actividades en JClic
- JClic é un ámbito para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia Dispoñemos dun buscador de activades xa feitas por outros compañeiros. Tamén temos a posibilidade de crear e editar as propias e compartilas co resto da comunidade.
- http://ediga.net/blog/
- EdiLim O sistema Lim é un ámbito para a creación de materiais educativos accesibles dende a web. Exemplos:
- Aparato dixestivo
- Animais
- Universo
- Matemáticas
- Tangram …
- Tamén temos un buscador de actividades feitas
- Actividades feitas con Smart Notebook
- Os Edi inclúen software propio para crear actividades educativas.
- Tamén podemos descargar actividades xa feitas e compartir as nosas en Ediga
- E poderíamos seguir poñendo moitas mais cousas… As posibilidades dun encerado dixital interactivo son moitas e incribles. Pero en calquera caso debemos ter sempre presente unha cousa…
- "A eficacia dos medios, por moi poderosos que sexan, sempre depende do xeito en que se empreguen"