INDO PARA O SAMAÍN (Teatro)

INDO PARA O SAMAÍN

Resumen (Don Libro)


O Samaín é unha tradición de orixe celta que os americanos importaron co nome de Halloween. En Galicia son moitas as vilas que tentan recuperar esta tradición; o máis coñecido é o que se celebra na localidade coruñesa de Cedeira.
A acción desenvólvese nun único acto e os personaxes están relacionados cos elementos característicos do Samaín: cabazas, castañas, o outono_
No medio do campo hai tres cabazas; un grupo de nenos achégase a elas coa intención de transformalas en fermosas caveiras coas que desfilar a noite de Samaín. A máis pequena non lles gusta, porque é algo deforme e ela séntese humillada; a súa tristeza e soidade conmoven unha mazaroca, que lle propón ir xuntas á festa. No camiño van facendo novos compañeiros (as castañas, o vento, as follas das árbores) para continuar a peregrinaxe. Paran a descansar e entran en escena un avó e mais o neto. O neno séntese desgraciado por non ter unha cabaza para a festa e o avó, ó ver a que había alí abandonada, talla nela unha preciosa caveira. Todos chegan puntuais a Cedeira para gozar do Samaín e a pequena cabaza resulta ser unha das caveiras máis fermosas, mesmo para aqueles nenos que a rexeitaran. Ela é a encargada de ensinarlles a realidade dos conceptos feo e fermoso.

……………..

…………………………………………….

Adaptación da obra “Indo para o Samaín” de Carlos e Sabela Labraña
(EDITORIAL EVEREST)

…………….

Web de Norberto

Rapaz 1: ¡Mirade alí!, ¿vedes o mesmo ca min?
Rapaza: ¡Cabazas!
Rapaz 2: Xa era hora, co gallo da festa do Samaín, non
dabamos atopado ningunha. (Achéganse a collelas).
Rapaz 1: A grande pídoa eu. (Á cabaza) Contigo vou tallar
unha caveira arrepiente.
Rapaza: Esta para min; vou facer con ela un trasno trouleiro.
Imos escachar coa risa.
Rapaz 2: (Desganado) A cabaza que queda é pequecha…..
Rapaz 1: ¡Cóllea!, non hai tempo para buscar máis.
Rapaz 2: ¡Boh!, se non serve para nada.
Rapaza: Non sexas parvo, xa verás como podes tallar unha
boa caveira. Só depende da túa imaxinación.
Rapaz 2: ¡Mira que lista! Se tanto che gusta, queda ti con
ela.
Rapaza: Ti fuches o último.
Rapaz 2: Pois eu non a quero; é pequecha, rabuda e retorta.
(Á cabaza) Aí quedas, xa atoparei outra.
Rapaz 1: Bulide, que nos é moita hora. (Os rapaces saen).
(A cabaza que quedou comeza a laiarse)
Mazaroca: ¿Qué che pasa ruliña?
Cabaza: ¿Son eu así? ¿Pequecha, rabuda e retorta?
Mazaroca: non lles fagas caso a ese raparigos, eles si que
son rabudos e retortos.
(A cabaza cala un anaco, despois comeza de novo a
choromicar).
Mazaroca: E agora, ¿Qué tes?
Cabaza: Eu tamén quería ir ó Samaín. Din que é unha festa
tan rexoubeira.
Mazaroca: Iso pódese arranxcar.
Cabaza:¿Cómo?
Mazaroca: deixando de laiar e indo cara aló.
Cabaza: ¿eu?, se non sei o camiño.
Mazaroca: non tes máis que seguir os rapaces.
Cabaza: ¡Ai! ¿Soa? ¡Ata me mete medo pensalo!
Mazaroca: ¡Serás mexericas! A min tamén me gustaría ver
o Samaín, podiamos ir xuntas. (Comezan a andar).
Cabaza: ¿Ves os rapaces?
Mazaroca: Non, coido que os perdemos.
Cabaza: E agora, ¿Qué imos facer?
Mazaroca: Escoita, aí vén alguén, preguntarémoslle.
(Entran unha morea de follas de árbore escorregando polo
chan).
Cabaza e mazaroca: ¡Ola!
Follas: ¡Olaaaa!
Cabaza: ¿Quen sodes vós?
Follas: somos as follas do carballo…..
Mazaroca: e logo, ¿non podedes estar quedas?
Follas: Non……, empúrranos o vento de outonoooo….
Cabaza. Ó mellor sabedes por ónde se vai á festa do
Samaín.
Follas: Quen volo ha saber é o vento…., el leva percorridos
tantos luagareeesss…. (Berran todas xuntas) ¡ Ventooo…!
¡Ventoooo….!
Vento: ¿Quen chama por min?
Cabaza: A cabaza pequecha, que quere ir a festa do
Samaín, pero non sabe o camiño.
Vento: Ide cara ó solpor, atoparedes un souto grande. Alí
volvede preguntar.
Folla: Eu veño de aló e sei o camiño. Se tedes conta de
min, para que non me leve o vento, vou con vós. ¡Vide
atrás miña! ¡Chegamos!
Cabaza: Aquí non hai ninguén…..,
Folla: Pero seguro que o castiñeiro, que ten moitos,
moitísimos anos, coñece o camiño. Mais está a durmir e
ten moi mal xenio cando esperta.
Mazaroca: Pois haino que espertar de todos os xeitos.
Todas: ¡Esperta, vello castiñeiro! ¡Esperta!
Castiñeiro: ¡Por ourizos pechos e castañas pilongas!,
¿quen chama por min?
Cabaza: A cabaza pequecha, que quere ir a festa do
Samaín, pero non sabe o camiño.
Castiñeiro: ¡Hum! Non queda lonxe. Baixades polo val e alí
no pobo do Irixo, tedes a festa.
Cabaza, mazaroca e folla: ¡Ben! Imos chegar con tempo.
Castiñeiro: (bocexando) ¡Pasádeo ben!
Cabaza, Mazaroca e Folla: ¡Adeus!
Castiñeiro: ¡Adeus! A ver se agora me deixan durmir dunha
vez.
Todas(Cantando) ¡Imos para o Samaín! ¡Imos para o
Samaín!
(Escóitanse voces. Todos os personaxes, caen ó chan
inanimados. (Entra un avó co seu netiño)
Avó: Xa non ha faltar moito para chegarmos á festa.
Neto: pero avó, eu non teño cabaza…..
Avó: non padezas por iso, ímolo pasar ben de calquera
xeito.
Neto: Non vai ser o mesmo. Levo todo o ano á espera do
Samaín e facíame tanta ilusión tallar a miña caveira….
Avó: Prométoche que o ano que vén… (ve a cabaza no
chan) ….que este ano imos tallar a caveira máis fermosa
de toda a festa. ¡Mira aí!
Neto: ¡Unha cabaza!
Avó: (colléndoa do chan) ¡E vaia cabaza!
Neto: Está un chisco torta….
Avó: ¡que dis oh! Ímola tallar e xa verás que ben queda.
(Saen. Mazaroca eFolla reviven).
Folla: Levaron a cabaza…..
Mazaroca: Non hai que poñerse triste. Cabaza conseguiu o
que quería; seguro que vai ser unha caveira ben fermosa.
Veña, deixarse de lerias e andando.
Folla: ¿Tras deles?
Mazaroca: ¡Claro! Nós tamén imos ó Samaín….. (saen)
Rapaz 1: ¡Uuuuhh! ¿gústavos a miña caveira? ¿Non é
terrorífica?
Rapaza. E o meu trasno, ¿non vos parece rebuldeiro?
Rapaz 2: Este ano non atopei unha cabaza axeitada, pero o
ano que vén hei ter a mellor caveira.
Rapaz 1: ¡Mirade aquela caveira!
Rapaza. ¡É impresionante!
Rapaz 2: Oxalá fose miña….
Cabaza: ¡Pero ese non é….!
Rapaz 1: moito se parece a aquela que deixaches no terreo.
Rapaza: xa cho dicía eu, que cun chisco de imaxinación….
Cabaza: ¡Rabudo!
Rapaz 2: Non vos fagades os simpáticos.
Cabaza: ¡Retortooo!
Rapaz 2: ¡Parade oh! Que me estades a asustar.
Rapaz 1: Eu non dixen nada…
Rapaza: Nin eu….
Rapaz 2: Daquela ¿quen foi?
Cabaza: ( berrando) ¡Rabudos! ¡Retortooos!
Todos: A caveira está enmeigada! ¡Aaahhh!
(Os rapaces foxen ás présas. Mazaroca e Folla érguense
rindo)
Folla: Foi estupendo!
Mazaroca: ¿Cómo o fixeches?
Cabaza: Non o sei, estou tan abraiada coma vós. Se cadra
foi a maxia…….
Todas: …..da noite do Samaín.

…………….

http://www.filix.org/prel/indo_es.html

http://www.unilibro.es/find_buy_es/product.asp?sku=426328&idaff=0

http://www.casadellibro.com/libro-indo-para-o-samain-/867026/2900000881797

Advertisement

Bubbl.us: herramienta de creación de mapas conceptuales al alcance de todos

Bubbl.us: herramienta de creación de mapas conceptuales al alcance de todos

Los mapas mentales o mapas conceptuales está demostrado que son una manera fantástica para esbozar las ideas y hacer un intercambio de ideas realmente productivo. No dejes que la resistencia al aprendizaje de un nuevo software te impida usarlo, Bubbl.us es gratis, basado en la web y fácil de aprender.

Usted puede visitar Bubbl.us y sin siquiera iniciar sesión puedes empezar a crear tus propios mapas mentales, con un aspecto impresionante y pulido. Puedes registrarte si deseas habilitar la posibilidad de salvar, compartit y otras características entre sesiones cruzadas. Haga clic en el nodo de inicio que proporcionan, introduzca su tema, y comience a añadir nodos con las teclas CTRL + ENTER y TAB para los secundarios (hijos) y nodos paralelos (hermanos), respectivamente.

Puede mover los nodos, cambiar los colores y tamaño de la fuente, y fácilmente interconectar los nodos unos con otros, con simplemente arrastar la función de conectar. Puede exportar su mapa conceptual como un archivo JPG o PNG, guardarlo para su posterior edición, y compartirlo para que otros puedan modificarlo o verlo. Bubbl.us es rápido, gratis, y requiere menos de un minuto para aprender. Echa un vistazo a los enlaces siguientes para probarlo.

EL RELIEVE Y LA HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA (Actividades Interativas)

MI RINCÓN DE ESTUDIO (http://profeblog.es/blog/guillermo/2009/02/24/el-relieve-y-la-hidrografia-de-espana)

Actividades y mapas interactivos que os servirán para memorizar el relieve y la hidrografía de España de una forma más amena y desde los cuales podréis acceder a otros mapas.

MAPAS INTERACTIVOS

Relieve de España 1.

Relieve de España 2.

Ríos de España 1.

Ríos de España 2.

Costas de España 1.

Costas de España 2.

ESQUEMAS

Bubbl.us: herramienta de creación de mapas conceptuales al alcance de todos

Territorio

Formas de relieve

Meseta

Cordilleras interiores

Cordilleras que bordean

Cordilleras exteriores

Depresiones

Islas

Costas

Geografía de España – 2 (JClic)

En esta aplicación se estudian diferentes aspectos de la geografía de España:

  • Vocabulario geográfico
  • España política
  • Relieve y clima
  • Costas
  • Ríos
  • Economía
  • Población
    Las actividades están destinadas a alumnos del tercer ciclo de primaria.
  •  

    CATIVADAS

    SOFTWARE PARA EDUCACIÓN INFANTIL

     

    http://www.websgalicia.com/noticia/1050

    A Xunta conta cunha páxina web en galego coa que, a través das indicacións dun personaxe, se pretende familiarizar os nenos de entre 0 e 3 anos coas novas tecnoloxías, ao tempo que poidan adquirir distintos coñecementos.

    Cativadas presenta 12 actividades motivadoras para os nenos, de forma que con imaxes, son e outros recursos multimedia se estimule o alumnado. O proceso de elaboración do programa tivo en conta criterios pedagóxicos adaptados ao desenvolvemento cognitivo e motora dos nenos para facilitar a súa familiarización ás novas tecnoloxías e ao coñecemento do seu ámbito. A iniciativa está pensada como material de apoio e non para que o neno o empregue só, senón acompañado dos seus pais ou dos profesores. Cada actividade ten dous niveis, un básico, e outro que require un paso máis por parte do usuario, e conta, ademais, cunha ficha didáctica que explica os obxectivos e as instrucións de uso.

    ÉRASE UNA VEZ LA VIDA

    Érase una vez… el cuerpo humano (en francés: Il était une fois… la Vie, titulada en España Érase una vez…la Vida)

    Es una serie hispano-francesa de dibujos animados infantiles con vocación didáctica y divulgativa. En ella se explican, de forma simple y amena, diferentes aspectos sobre anatomía, enfermedades o, por ejemplo, cómo se oxigena la sangre, cómo cicatriza una herida. De la misma forma, se explica la importancia de determinados hábitos relacionados con la salud como cepillarse los dientes, hacer deporte u otros. La explicación se realiza a través de las aventuras de distintos personajes que representan los distintos órganos, células.

    CAPÍTULOS

    http://es.wikipedia.org

    VÍDEOS:

    http://www.dailymotion.com

    PROGRAMA DE DESCARGA

    aTube Catcher (antes llamado Youtube Catcher)

    COMPRAR:

    http://www.planetadirecto.com