Google proponnos unha viaxe interior, un paseíño polo corpo humano. E ao igual que fixemos con Google Earth, con Street View ou con Google Sky, o traxecto farémolo sentados diante do ordenador. Para iso, abonda con usar un dos navegadores específicos que propón a compañía e facer uso da súa nova aplicación, Google Body.
A idea de Google Body é ofrecer unha vista moi completa e detallada do corpo humano, diferenciando entre as distintas partes e “capas” que compoñen a fisionomía de calquera persoa. A aplicación que usa Google Body intégrase directamente no navegador, polo que non é necesario descargar programas para usalo.
Os navegadores compatibles con Google Body son Chrome e Firefox (na súa versión 4 Beta), compatibles co sistema WebGL (responsable de que a aplicación se integre en navegador).
Google Body preséntase como un modelado 3D dunha persoa, a cal se expón a unha exploración completapor parte do usuario para poder examinar as distintas partes da anatomía humana. Teremos unha opción de zoom moi precisa e profunda, así como un navegador de capas que se superpón en varios niveis e pode ser graduado.
Así, partiremos dun nivel superior, no que se mostra o aspecto exterior ” e sen diseccionar” dunha persoa. A partir de aí, podemos ir descendendo a través da composición muscular da fisionomía dunha persoa ata chegar ao nivel último, composto polo cerebro e a medula espiñal.
Entre medio, encontramos armazóns óseas, así como o trazado do sistema nervioso e de órganos. Por suposto, ao igual que outras aplicacións de Google, o usuario poderá rotar e xirar a perspectiva segundo lle conveña.
O nivel de detalle é moi preciso, dando opción mesmo a seleccionar a golpe de rato seccións concretas do mapeado corporal para obter información de determinadas zonas ou partes da anatomía do modelo. Todo un acerto dentro das ferramentas didácticas de Google.