“SYMBALOO” – UN WEBMIX

Unha ferramenta moi interesante. Trátase de Symbaloo, unha aplicación web gratuíta que nos permite xuntar os nosos sitios favoritos nunha soa páxina.

Symbaloo é moi doado de usar e de configurar: a súa interface está composta por unha grilla con 60 espazos onde iremos agregando os nosos sitios favoritos para ter acceso a eles cun só clic.

Esta ferramenta permítenos ademais organizar os sitios en pestanas, reordenalos (arrastrándoos ata a casa onde queremos situalos), editar, borrar, agregar buscadores, widgets e moito máis. E se queremos organizalos mellor, podemos utilizar diferentes íconos e cores ou utilizar calquera imaxe que nos permita identifica-los sitios.

Esta aplicación online (ademais da súa sinxela interface)  ao estar baseada na web, teremos acceso aos nosos sitios favoritos dende calquera PC conectada a Internet.

Symbaloo é sen dúbida unha ferramenta súmamente útil.

www.symbaloo.com

PASOS

  • Crea unha conta gratuita para garda-la túa configuración e poder acceder a ela dende calquera ordenador.
  • Unha vez activada a conta, pulsa en “Añadir un Webmix” para comezar.
  • Escribe o título no campo “Añadir un webmix vacío” e logo fai clic no botón “Añadir”

PERSONALIZA OS BLOQUES

  • Tes a posibilidade de incluir un sitio web en cada un dos bloques que compoñen a cuadrícula
  • Para engadir un sitio, fai clic no bloque onde queiras colocalo e busca a web utilizando a palabra clave no campo
  • Cando localices o sitio  que queres engadir, seleccionaio e, automaticamente aparecerá no bloque que indicaches
  • Repite a operación para personaliza-lo teu webmix e terás sempre a man as túas webs preferidas.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s