Google Body, o mapa do corpo humano de Google.

Google proponnos unha viaxe interior, un paseíño polo corpo humano. E ao igual que fixemos con Google Earth, con Street View ou con Google Sky, o traxecto farémolo sentados diante do ordenador. Para iso, abonda con usar un dos navegadores específicos que propón a compañía e facer uso da súa nova aplicación, Google Body.

A idea de Google Body é ofrecer unha vista moi completa e detallada do corpo humano, diferenciando entre as distintas partes e “capas” que compoñen a fisionomía de calquera persoa. A aplicación que usa Google Body intégrase directamente no navegador, polo que non é necesario descargar programas para usalo.

Os navegadores compatibles con Google Body son ChromeFirefox (na súa versión 4 Beta), compatibles co sistema WebGL (responsable de que a aplicación se integre en navegador).

Google Body preséntase como un modelado 3D dunha persoa, a cal se expón a unha exploración completapor parte do usuario para poder examinar as distintas partes da anatomía humana. Teremos unha opción de zoom moi precisa e profunda, así como un navegador de capas que se superpón en varios niveis e pode ser graduado.

Así, partiremos dun nivel superior, no que se mostra o aspecto exterior ” e sen diseccionar” dunha persoa. A partir de aí, podemos ir descendendo a través da composición muscular da fisionomía dunha persoa ata chegar ao nivel último, composto polo cerebro e a medula espiñal.

Entre medio, encontramos armazóns óseas, así como o trazado do sistema nervioso e de órganos. Por suposto, ao igual que outras aplicacións de Google, o usuario poderá rotar e xirar a perspectiva segundo lle conveña.

O nivel de detalle é moi preciso, dando opción mesmo a seleccionar a golpe de rato seccións concretas do mapeado corporal para obter información de determinadas zonas ou partes da anatomía do modelo. Todo un acerto dentro das ferramentas didácticas de Google.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s