GCompris: programa de cómputo educativo

Descarga GCompris: 164 MB

GCompris é un programa de cómputo educativo con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos de idade. Algunhas actividades son como xogos, pero sempre son educativos. Encontrarás algunhas actividades dentro dos seguintes temas:

Descubrindo a computadora: teclado, rato, diferentes movementos do rato…
Álxebra: táboa de memoria, enumeración, táboa de dobre entrada (balance), imaxe espello…
Ciencia: A canle, O ciclo da auga, O submarino,…
Xeografía: Coloca os países no mapa.
Xogos: xadrez, memoria…
Lectura: práctica de lectura
Outros: Aprende a dicir a hora, Crebacabezas de pinturas famosas, debuxos por vectores…

En total, GCompris comprende mais de 100 actividades e evoluciona constantemente. GCompris é Software Libre, polo tanto tes a posibilidade de adaptalo ás túas necesidades, ou de melloralo, e porque non, de compartir o teu traballo con nenos de todo o mundo.