Catro malos hábitos alimenticios que fan envellecer

 

Unha alimentación axeitada é indispensable para ter un aspecto saudable e manter unha boa forma física. 

1. Consumir demasiada carne vermella e produtos lácteos altos en graxas.

As graxas saturadas que se encontran na carne vermella e nos produtos lácteos ricos en graxas fan que o cerebro envelleza máis rapidamente que con outros tipos de graxas. Podese retardar o envellecemento tomando aceite de oliva ou outras graxas monoinsaturadas.

2. Tomar moito sal.

Un pouco de sal está ben, en exceso non. O sal deshidrata o corpo e en altas cantidades contribúe a enfermidades de ril, aumenta a tensión arterial e interfire co bo desenvolvemento dos ósos. Unha dieta alta en sal pode afectar á saúde cognitiva en adultos.

3. Abusar do azucar.

O exceso no consumo de azucre foi tradicionalmente vinculado co envellecemento. Este edulcorante dana o coláxeno, o que provoca engurras e flaccidez na pel.

4. Comer con présas e estrés ou no escritorio ou no coche.

As principais hormonas do estrés impulsan o sangue lonxe dende o estómago e ás extremidades, polo que cando se come nun estado nervioso é máis difícil que o corpo dixira os alimentos. O estrés tamén pode conducir a comer en exceso, o que pode desembocar en obesidade. Ademais, pode agravar a diabete en pacientes diagnosticados.

Advertisements
por JUAN LUIS RIVERO GALLEGO Publicado en Deporte