CATIVADAS

SOFTWARE PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

http://www.websgalicia.com/noticia/1050

A Xunta conta cunha páxina web en galego coa que, a través das indicacións dun personaxe, se pretende familiarizar os nenos de entre 0 e 3 anos coas novas tecnoloxías, ao tempo que poidan adquirir distintos coñecementos.

Cativadas presenta 12 actividades motivadoras para os nenos, de forma que con imaxes, son e outros recursos multimedia se estimule o alumnado. O proceso de elaboración do programa tivo en conta criterios pedagóxicos adaptados ao desenvolvemento cognitivo e motora dos nenos para facilitar a súa familiarización ás novas tecnoloxías e ao coñecemento do seu ámbito. A iniciativa está pensada como material de apoio e non para que o neno o empregue só, senón acompañado dos seus pais ou dos profesores. Cada actividade ten dous niveis, un básico, e outro que require un paso máis por parte do usuario, e conta, ademais, cunha ficha didáctica que explica os obxectivos e as instrucións de uso.

Advertisement