Ubuntu 11.10 final, xa dispoñible para descarga

Descobre a última versión de Ubuntu co seu simulador online

A última versión da distribución GNU/Linux, con nome en clave “Oneiric Ocelot”, xa se pode descargar nas súas versións Desktop e Servidor de 32 e 64 bits. Ubuntu 11.10 ofrece un interface moito máis intuitivo a través de Unity e o centro de software segue mellorándose para ofrecer aos usuarios, tanto persoais coma empresariais, un maior control sobre as aplicacións que se encontran dispoñibles para este ámbito GNU/Linux.

ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA:

Ubuntu é unha distribución que usa un núcleo Linux. En primeiro lugar, hai que informarse sobre que funcións ten un sistema operativo no mundo da informática para, a continuación, descubrir as características definitorias do núcleo Linux. Seguidamente, pódese ampliar a perspectiva e centrar o traballo do alumnado no concepto de software libre. Tras crear unha definición conxunta, pódese pedir aos discentes que analicen as implicacións das catro liberdades do software libre.

Ubuntu está composto de múltiple software normalmente distribuído baixo unha licenza libre ou de código aberto. Sería interesante que cada estudante realizase unha lista cos programas non libres que considere imprescindibles nunha computadora, con iso poderase extrapolar as súas necesidades e inquietudes. A continuación, pódeselles propoñer que, da lista confeccionada individualmente, chequeen se existe un equivalente en software libre. Seguidamente, pódese presentar a figuras como Richard Stallman ou Linus Torvalds e reflexionar en clase sobre os beneficios do software libre e de código aberto, analizando tamén as diferenzas entre estas dúas formas de licenciación de programas. Paralelamente, pódese buscar na Rede os diferentes tipos de licenza de software dispoñibles actualmente, redactar as súas características e proporcionar exemplos concretos; a web de Creative Commons pode ser un bo punto de partida.

PROPOSTA TIC:

Na páxina oficial de Ubuntu pódese gozar de Ubuntu 11.10 mediante unha especie de simulador online. Este dá a opción de seguir un tour guiado por esta nova versión de Ubuntu ou navegar libremente. Cando o alumnado se familiarice con este ámbito informático pódese proceder a descargar Ubuntu 11.10. Unha vez obtéñase a imaxe ISO no disco duro do noso ordenador só fai falta gravalo nun CD. Para iso necesitaremos un programa de gravación como, por exemplo, ISO Recorder.

Unha vez instalado ISO Recorder na nosa computadora, procederemos a gravar a imaxe ISO de Ubuntu 11.10 nun CD. Unha vez feito este procedemento obteremos un LiveCD. Entón, só hai que reiniciar o ordenador co LiveCD colocado no lector do noso equipo e escoller unha das opcións formuladas: Arrancar dende o sistema operativo instalado no ordenador, Arrancar dende LiveCD ou Instalar Ubuntu 11.10. Elixindo calquera das dúas últimas opcións pódese traballar coa nova distribución GNU/Linux.

Advertisement

Zoho Writer (Procesador de textos on line)

Zoho é o nome dun conxunto de aplicacións web desenvolvidas pola empresa estadounidense AdventNet. Para poder utilizar as devanditas ferramentas é obrigatorio rexistrarse e a gran maioría son de caracter gratuíto, aínda que moitas das ferramentas se encontran aínda en fase beta.

Cada unha das aplicacións de Zoho:

  • Execútanse en calquera navegador.

  • Manexan interfaces WYSIWYG limpas, claras e doadas de usar.

  • Están dirixidas a calquera tipo de usuario:

  • O que require crear e/ou editar documentos e non desexa usar (ou non ten) unha suite de oficina común.

APRENDEMOS A UTILIZAR


Zoho, unha das alternativas máis serias en canto a programas na nube, decidiu redeseñar a interface gráfica de Writer, concentrándose en mellorar o aspecto visual. Isto de debe, en parte, a que durante a súa evolución Zoho se foi facendo máis e máis complexo, mesmo máis que os seus competidores de escritorio, o cal non remataba de ser amigable para os usuarios.

Para solucionar este problema, decidiron cambiar o aspecto gráfico do programa, e a grande inspiración foi MS Office 2007: barras de ferramentas con pestanas, pero que, a diferenza de MS, poden ser utilizadas tamén como menúes tradicionais.

A barra lateral tamén foi obxecto de melloras, coa capacidade para facer buscas, levar a cabo accións ou seleccionar documentos múltiples dende ela. Outras melloras de Writer inclúen a edición colaboradora entre varios usuarios, a inclusión dun contador de palabras e carácteres na barra de estado, e en xeral unha mellor disposición dos elementos.