O C.E.I.P. “O CASTIÑEIRO” atópase no concello de Laza, que pertence á comarca de Monterrey. Este concello está situado no sureste da provincia de Ourense. Limita ó Norte cos concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, ó Sur cos concellos de Castrelo do Val e Monterrei, ó Leste con Vilariño de Conso e Castrelo do Val e ó Oeste con Vilar de Barrio, Sarreaus e Cualedro. Ten unha superficie de 215,90 km², sendo un dos concellos máis extensos de Galicia. A súa latitude é de 42º 03’ 5’’ N e a lonxitude de 7º 27’ 30’’ O. A altitude é de 482 m sobre o nivel do mar. A súa población é de 1.904 habitantes distribuída nas parroquias de Laza, O Castro, Alberguería, Carraxo, Matamá, Camba, Cerdedelo, Retorta, Trez e Toro. O resto das aldeas pertencentes ó concello de Laza son: Arcucelos, As Eiras, Naveaus, O Navallo, O Pereiro, O Santo, Souteliño, Soutelo, Tamicelas e Vilameá.
O concello de Laza atópase rodeado na parte Norte e Nordeste por unha área montañosa que comprende as serras de: San Mamede, Fial das Corzas e Invernadoiro, sendo este último un espacio natural protexido. Ó Sur temos tamén importantes cordais montañosos nos que destaca o “Llano das minas“. Polo Oeste rodéannos o Monte Meda, Altos de Baldriz, e Alto de Penalba .Deste xeito o centro do concello queda nunha depresión formada polo río Támega. Este sector central, aparece recuberto por aluvións de orixe terciaria e cuaternaria que na súa área sur pertencen xa ó val de Monterrei.
Se queres ver onde estamos no mundo con outro visor (Local Google) podes pinchar na seguinte imaxe e de paso podes tratar de atopar a túa casa, colexio, outro pais,…. Usando o zoom (+) pódeste acercar ata ver estas imaxes e as frechas serven para ir á dereita, esquerda, arriba ou abaixo.
Si queres ver onde estamos en España ou atopar a túa casa, finca, concello, paroquia ou outro lugar podes pinchar no mapa para velo. Para elo tes que ir picando sucesivamente no zoom (+) e se irá acercando ata onde un desexe e incluso podes medir a túa casa,finca, concello, parroquia…, xa que este (Sig Pac) é un bo visor de identificación de fincas agrícolas.
Google Earth
É necesario ter instalado o software “Google Earth”, pode descargalo gratuitamente aquí.
Instalacións deportivas (ximnasio cuberto e pista polideportiva) | |
Servizo de comedor e transporte | |
Amplas zonas verdes e de lecer | |
Situación en entorno natural e sen perigos | |
Asociación de pais e nais | |
Actividades estraescolares dende os 3 anos ata 6º curso | |
Biblioteca con acceso a internetPica aqui para acceder á nosa biblioteca | |
Grupos reducidos |
O recinto escolar
O recinto escolar onde está ubicado o Centro ten unha extensión máxima aproximada duns cinco mil metros cadrados. Hai que distinguir nel o Grupo Escolar, as Escolas Vellas, a caseta de Deportes e a zona non edificada.
O grupo, que é o edificio principal, está situado ó Norte do recinto e está conformado por dúas plantas.
Na primeira planta, a dos servicios, están a cociña coa despensa e o comedor escolar, secretaría, biblioteca, laboratorio, sala de metsres/as, sala de audio visuais, aseos de alumnos e mestres e patio cuberto.
Na segunda planta están as aulas de infantil e primaria, inglés, música informática, PT e os aseos de nenos e nenas.
Nas Escolas Vellas , unha das alas están sin uso.
A Caseta dos deportes, para gardar material deportivo, está anexa ás escolas vellas. O resto do material deportivo gárdase noutra caseta onda o patio cuberto.
A parte non edificada está adicada a xardín en gran parte e hai unha cancha polideportiva de 40×20 metros.
Servicios complementarios
Encádranse dentro deste sector os servicios de comedor, transporte .
O comedor escolar, a súa encargada é a Sra. cociñeira Marisol L.B. e hai varios pais que colaboran con ela. É utilizado por un total de 37 comensais, alumnos do Colexio, a estes teremos que añadir o resto profesores , Director, Encargada, e Persoal laboral de cociña. Tódolos pais recibirán a través da encargada información da comida dos seus fillos cos menús de cada mes.
O transporte escolar que é utilizado polos alumnos procedentes de distintas parroquias do entorno é realizado por autocares da empresa ANPIAN e unha furgoneta tamén da mesma empresa.