O cachibol, un deporte baseado nas regras do voleibol e que permite que os maiores de 60 anos gañen en flexibilidade, velocidade, autoestima e reflexos.
O campo é máis pequeno e o balón, máis brandiño, cóllese coas mans.
Trátase dun novo deporte importado de México.
Pódese coller a pelota, máis brandiña, coas mans. É un exercicio moi saudable, nada explosivo e pode ser practicado por todas as idades. É moi divertido”.
Ademais de pasar un bo anaco e ofrecerlles ós nosos maiores opcións de exercicio máis aló do Tai Chi e do ioga, os beneficios do cachibol ninguén os pon en dúbida. E moito menos os que o practican, que coinciden en asegurar que lles mellora a vida, que os fan moverse máis e camiñar e, entre outras cousas, anímaos a competir. Porque o obxectivo é pasalo ben, si, pero sen competición non hai xogo… Iso si, sempre co mellor ambiente e todos como amigos. Fair play.
O bo deste deporte é a flexibilidade nas súas normas, podéndose adaptar ó número de xogadores dos que se dispoña ou do espazo do campo en cada caso. Respecto das idades, desde os sesenta e ata os oitenta, noventa… , calquera pode xogar ó cachibol, pois “é unha forma de iniciarse no deporte pasándoo ben e sen ter grandes coñecementos técnicos porque o que hai que saber é coller unha pelota”