PÓSTER ENTROIDO 2003

Poesía: Carmen Rivero  Gallego

O PELIQUEIRO

Xorde coma o lóstrego na noite,

Rachando coma un trono o silencio.

Ferve o sangue dos lazanos

Ó escoitar  o ruxir do peliqueiro.


Bravo, coma un deus pagán,

Fermoso coma os luceiros,

Polas súas veas flúe

O orgullo dos devanceiros.


Nada o acovarda nunca,

nin a neve nos lameiros,

nin os soldados de Franco,

nin os apócrifos modernos.


O peliqueiro é máis

co traxe e co feitío.

É a nosa tradición,

o emblema dos lazanos,

que legan de pais a fillos,

os máis sagrados arcanos.


O que se leva no sangue,

mamándoo dende o berce,

non esmorece cos anos,

non se humilla nin se esquece.


Dende a noite dos tempos,

Sempre houbo peliqueiros,

facendo soar os chocos ,

estremecendo os vieiros.


Aínda que non quedara,

Pedra sobre pedra en Laza,

sempre haberá peliqueiros…….

¡Peliqueiros de pura raza !!!


Carmen Rivero.